Thursday 19 de September de 2024

Beatriz Mato salienta o traballo realizado pola asociación provincial das amas de casa da Coruña


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou o traballo e labor realizado polo Asociación provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. Mato Otero participou na gala de aniversario desta asociación, que conta con case 40.000 socios e engloba a 63 agrupacións locais de todos os recunchos da provincia da Coruña.

A conselleira trasladou a súa felicitación e agradecemento polos 50 anos de traballo e asociacionismo e a todas as mulleres que construíron a historia desta asociación e axudaron a construír a historia da cidade da Coruña e da provincia.